emerexencias ribadavia

Mostrando entradas con la etiqueta Varios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Varios. Mostrar todas las entradas

jueves, 10 de diciembre de 2015

Visita do Director Xeral de Emerxencias. Outubro 2015


O 22 de outubro estivo en ‪#‎Ribadavia‬ o Director Xeral de Emerxencias Luis Menor Perez , escoitando as nosas inquietudes e opinións, ademais de facer entrega dos vehículos recibidos este ano polos diferentes servizos do concello. Tamén estiveron a nova Delegada da Xunta, Marisol Diaz Mouteira, e o Xefe do Servizo Provincial Jose Olivier Reboredo Campos

Xornada Provincial de Protección Civilde Ourense 2015 nos Milagres. Outubro 2015


O 17 de outubro no entorno do Santuario dos Miragres, teran lugar as IV Xornadas Provinciais de Protección Civil de Ourense. Celebramos unha xornada de convivencia cos compañeiros da provincia e de fora de ela e, de paso, fixemos de ‪#‎BañosdeMolgas‬ , o Concello mais protexido de Galicia. Fumos alá por 350 voluntarios.

Simulacro no tunel do Folgoso A-52 (A Cañiza). Outubro 2015


O Ministerio de Fomento levou o mércores, 14 de outubro de 2015, un simulacro de emerxencia no túnel do Folgoso, na A-52 ao seu paso por A Cañiza (Pontevedra), no que representa un accidente entre dous vehículos e desviou o tráfico en ambos os dous sentidos". Alí estivemos xunto con Bombeiros Ponteareas, Axega, 061, Garda Civil de Tráfico, Garda Civil de Covelo e Ponteareas, persoal das brigadas de conservación, explotación e empresa que realizou a reforma.

Festa da Istoria. Agosto 2015


Información e recomendacións para a Festa da Istoria 2015: Planos coas liñas de autobuses gratuítos que porá ao voso servizo a organización da Festa da Istoria dende ás 10:00h ata ás 22:30h. Estes autobuses funcionarán ininterrompidamente agás no momento da saída do GRAN DESFILE DA ISTORIA 2015 (11:15h) que se paralizaran ata que o desfile deixe operativa a rúa Ribeiro – Carballiño – Muñoz Calero; e dicir a OU-504 Ribadavia/Cea (12:30h), a estrada a San Paio OU-406 e a estrada OU-0305 Ribadavia a Arnoia. Os usuarios desta última vía poden usar vías alternativas a través de San Paio ou Cortegada durante este tempo.

Operativo de apoio na Festa do pulpo no Carballiño. Agosto 2015


Operativo desenrolado pola 53 edición da Festa do Polbo. Grazas a todos os voluntarios e membros do SMPC do Carballiño e a PC Ribadavia.
http://emerxenciasribadavia.es/

Un teixugo atropelado en Ribadavia. Xullo 2015

Campamento de verán de Bolboretas. Diverti2. Xullo 2015

Campamento organizado por Bolboretas, Diverti2, para ensinar aos pequenos o noso traballo e facelos pasar un bo rato mollándose (que era o que querían)

Dispositivo para o Día da Bici.Xuño 2015

Os pequerrechos percorren o concello dende as 11:00h ata ás 12:30h aproximadamente. Aí tedes o o percorrido. Recordamos #Paciencia , e moitísima #Precaución si tedes que circular.

Apoio ao H4 en Trasariz. Xuño 2015

Busqueda dunha persoa desaparecida en Ourense. Maio de 2015

 
A colaboración na búsqueda dunha persoa desaparecida, Socorro en Ourense.