emerexencias ribadavia

jueves, 10 de diciembre de 2015

Visita do Director Xeral de Emerxencias. Outubro 2015


O 22 de outubro estivo en ‪#‎Ribadavia‬ o Director Xeral de Emerxencias Luis Menor Perez , escoitando as nosas inquietudes e opinións, ademais de facer entrega dos vehículos recibidos este ano polos diferentes servizos do concello. Tamén estiveron a nova Delegada da Xunta, Marisol Diaz Mouteira, e o Xefe do Servizo Provincial Jose Olivier Reboredo Campos

Xornada Provincial de Protección Civilde Ourense 2015 nos Milagres. Outubro 2015


O 17 de outubro no entorno do Santuario dos Miragres, teran lugar as IV Xornadas Provinciais de Protección Civil de Ourense. Celebramos unha xornada de convivencia cos compañeiros da provincia e de fora de ela e, de paso, fixemos de ‪#‎BañosdeMolgas‬ , o Concello mais protexido de Galicia. Fumos alá por 350 voluntarios.

Algúns dos accidentes en outubro de 2015


Accidente de caza en Faramontaos e accidente na nacional 120 A Cañiza e na OU-504 pk5

Simulacro no tunel do Folgoso A-52 (A Cañiza). Outubro 2015


O Ministerio de Fomento levou o mércores, 14 de outubro de 2015, un simulacro de emerxencia no túnel do Folgoso, na A-52 ao seu paso por A Cañiza (Pontevedra), no que representa un accidente entre dous vehículos e desviou o tráfico en ambos os dous sentidos". Alí estivemos xunto con Bombeiros Ponteareas, Axega, 061, Garda Civil de Tráfico, Garda Civil de Covelo e Ponteareas, persoal das brigadas de conservación, explotación e empresa que realizou a reforma.

Incendios forestais setembro de 2015


Incendios forestales en Castrelo e Ribadavia en setembro de 2015

Accidentes en setembro de 2015


Accidentes na Nacional 120 pk600 e pk 601

Sirena do Plan de emerxencia por rotura de presas. Setembro 2015


Este setembro instaláronse as sirenas do Plan de emerxencia por rotura de presa de Castrelo (falta unha do plan de Albarellos)

Festas do Portal. Setembro 2015


Plan para tirada de fuegos de artificio nas festas do Portal 2015

Simulacro de evacuación da residencia de Carballeda. Agosto 2015

Rescate dunha persoa despeñada nas pozas do Tourón (Melón). Agosto 2015

Festa da Istoria. Agosto 2015


Información e recomendacións para a Festa da Istoria 2015: Planos coas liñas de autobuses gratuítos que porá ao voso servizo a organización da Festa da Istoria dende ás 10:00h ata ás 22:30h. Estes autobuses funcionarán ininterrompidamente agás no momento da saída do GRAN DESFILE DA ISTORIA 2015 (11:15h) que se paralizaran ata que o desfile deixe operativa a rúa Ribeiro – Carballiño – Muñoz Calero; e dicir a OU-504 Ribadavia/Cea (12:30h), a estrada a San Paio OU-406 e a estrada OU-0305 Ribadavia a Arnoia. Os usuarios desta última vía poden usar vías alternativas a través de San Paio ou Cortegada durante este tempo.